Ola.
O luns día 7 de outubro comecei, xunto co resto de
compañeiros, as actividades na piscina municipal, a onde iremos os luns de cada
semana. Foi unha boa experiencia a pesares de que o meu desenvolvemento na auga
non é todo o bon que desexaría; pero estou seguro que ao longo do curso experimentarei
unha importante mellora.
Na piscina practicamos o movemento de pernas na modalidade de
braza, este movemento consiste en:
- Recobro: é o momento no que as pernas recuperan a posición de
"preparación", e decir, cando os pes se levan hacia as cadeiras.
- Barrido hacia fora: Comprende desde que as pernas están preparadas
(máxima flexión) ata a metade da patada.
- Barrido hacia dentro. Esta é a única fase propulsora da acción de
pernas. Comprende desde a metade da patada ata que as pernas están casi por
completo estiradas.
- Elevación.
- Deslizamento.
A posición dos pés é un aspecto no que o noso mestre fixo un especial
fincapé.
- Recobro: Os talóns deben estar o máis xuntos posible, lévanse hacia os glúteos sen quitar os pes da auga.
- Barrido hacia fora: O movemento dos pes segue unha traxectoria circular, hacia fora e hacia atrás.
- Barrido hacia dentro: Conforme as pernas se extenden polas rodillas, tenden a xuntarse, os muslos continúan o seu ascenso e a propulsión das pernas xa non ten case eficacia.
- Deslizamento: Os pes deben manterse en posición totalmente extendida e aerodinámica, cerca da superficie e en posición horizontal.
- Elevación: As rodillas alcanzan casi a extensión total cando os pes están separados so uns centímetros. As pernas alcanzaron case a súa máxima elevación e están casi na superficie.
Podedes ver un exemplo no seguinte vídeo:
Un saudo Amig@s: